Castro de Toiriz
Lendas populares
Información práctica
Cómo llegar
O castro está sinalizado dende o centro urbano de Silleda. Hai que tomar a rúa que desemboca na PO-201, dirección Cortegada. A poucos metros xa vemos unha indicación cara ao Castro de Toiriz, no núcleo do mesmo nome. Chegados a este lugar e percorridos uns 285 m, tómase un camiño á man dereita que leva á entrada do castro, xusto antes dunha granxa.
Horarios
Visita libre e gratuíta.
Accesibilidad
É accesible. O percorrido realízase por unha senda con escasa pendente.
Recomendaciones
Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Para máis información
¡Lo que no te puedes perder!
Mosteiro de Carboeiro (Silleda)
Mosteiro bieito construído no século X e situado na ribeira do río Deza. Obra arquitectónica do románico de transición a un gótico tardío, constitúe un dos monumentos máis característicos da arte medieval galega, influenciado polas manifestacións artísticas compostelás; en concreto, polo estilo que o Mestre Mateo desenvolveu na catedral de Santiago de Compostela.
A Fervenza do Toxa (Silleda)
O Sendeiro do Deza pasa polo mosteiro de Carboeiro e a fervenza, en caída libre, máis grande de Galicia, con 30 m de altura. A auga que cae é do río Toxa, afluente do Deza que lle dá nome á fervenza. O camiño faise atravesando unha mesta fraga de carballos, castiñeiros, bidueiros e outras especies autóctonas que forman unha paisaxe única que engaiola o visitante.
Pazo de Liñares (Lalín)
Pazo do século XVII que acolle o Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico (Deputación de Pontevedra), o Museo Galego da Marioneta e do Xoguete (Imaxina, Concello de Lalín) e a Sala Loriga, referente da aviación española.
Castro de Doade (Lalín)
No castro realizáronse varias intervencións arqueolóxicas promovidas pola Casa do Patrón, museo etnográfico onde se poden ver os materiais recuperados no castro. Nas escavacións localizáronse varias estruturas habitacionais, a muralla e un dobre foso escavado na rocha.
CastroDeza (Lalín)
Situado na planta baixa do Concello de Lalín, é un espazo de dinamización turístico-cultural. Está concibido como un museo virtual da cultura castrexa onde se dan cita lendas, castros e gastronomía.